Enquisa

 
Xullo
29
2017
I Encontro das Xuventudes pola Caza
Campo de Tiro "Rio Sar" | Vilouchada, Chaián - Trazo (A Coruña)
 

Se practicas a caza e tes menos de 30 anos, gustaríanos coñecer a túa opinión para organizar o I Encontro das Xuventudes pola Caza, contestando esta breve enquisa.

O I Encontro das Xuventudes pola Caza terá lugar o día 29 de xullo de 2017 nas instalacións da SD Rio Sar, situadas en Vilouchada, no municipio coruñés de Trazo, a escasos 10 km. da capital de Galicia. As instalacións de Rio Sar son un referente non só a nivel autonómico, senón a nivel nacional e internacional; nelas disputáronse varios campionatos de España e Europa de Tiro, e precisamente durante a fin de semana anterior ao Encontro das Xuventudes terá lugar unha nova edición do Campionato de España de Percorridos de Caza con Pratos.

Esta xornada sería TOTALMENTE GRATUÍTA (incluído inscrición, xantar, etc)

Para contestar a enquisa deberás introducir o teu nº de DNI. Este dato será utilizado unicamente a efectos da operativa interna da estatística, e estará suxeito á Lei 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e non será divulgado, nin publicado, nin utilizado para outra finalidade distinta á da enquisa, garantindo a FGC a súa máxima confidencialidade.

Datos persoais

DNI
 

Participación

¿ Gustaríache participar no I Encontro das Xuventudes pola Caza, que se celebrará nas instalacións da SD Rio Sar, en Trazo (A Coruña), o 29 de xullo?
 

Actividades deportivas

¿En cales das seguintes actividades che gustaría participar?

Todas elas serán impartidas por Campións das distintas disciplinas

Nocións básicas de tiro
Coidado e posta a punto de armas largas
Tiradas de Percorridos de Caza (con pratos)
Tiradas de Compak Sporting (con pratos)
Tiradas de Hélices
Tiradas de Percorridos de Caza con Arco
Concurso de Cans de Parada
Concurso de Rastro de Xabaril
 

Outras actividades

¿Cales das seguintes actividades che gustarían?
Xornada gastronómica de caza
Stands de empresas relacionadas coa caza e/ou a mocidade


¿Gustaríanche conferencias, charlas, debates, talleres, etc sobre algún destos temas?

Todas elas serán impartidas por expertos nas distintas materias

O relevo xeneracional dos cazadores galegos
Os problemas dos mozos cazadores
Alimentación e coidado dos cans
Primeiros auxilios na caza
A caza nas redes sociais Cómo enfocar a temática da caza en Internet
Tecnoloxía na caza Apps para móbiles, Beepers, Colares, Localizadores, Emisoras...
 

Acampada

¿Participarías nunha “quedada” en acampada organizada?


 
 
ACEPTO a Política de privacidade